06 enero 2014

Chove

Chove, 
e non é esa choiva que 
dura unhas horas, non.
É choiva desa, na que os ríos
non levan auga, senon  lodo.
Na que os campos estan 
anegados de auga
e donde se poden ver carteis 
que poñen se vende. 
pero... que é o que se vende?
O río, a auga que chove, 
ou a finca que posúe ise
 cartel. Que non se sabe
 se o número é un seis
 un catro ou un nove.
Chove, 
e non só por fóra, 
donde a simple vista se ve 
 que non é chuvia dunhas horas, 
 senon duns intensos días.
Chove
 por dentro, o ver que quen che ensinou
o máxico das letras e dos libros, 
 esta postrado nunha cama de hospital.
Chove
pero non por iso, son días tristes, 
por que a chuvia, neste tempo 
e fermosa, por que?
 por que podes saltar nos charcos, 
bailar baixo ela, e rirte
en compañía, soa, ou
simplemente estar.
Chove, 
 non  pa´ que nos poñamos morriñentos, 
senon pa´ que  saquemos o mellor de nós.
E  hoxe é un día que chove.
Hoxe chove en Chantada, 
por dentro e por fóra.

1 comentario:

mel dijo...

Ola,é tan fermoso o que escribes. Lein
as tuas últimas poesías sobre a choíva, a bolboreta e a túa avoa. Sentimentos fermosos.
Saludos desde Lugo.