20 noviembre 2006

AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES

,
Airiños, airiños aires,
airiños d'a miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, leváime á ela.
Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta;
qu'adonde queira que vaya
cróbeme unha sombra espesa
Cróbome unha espesa nube
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada,
qu'a miña vida envenena.
Leváime, leváime, airifios,
com'unha follina seca,
que seca tamén me puxo
a calentura que queima.
Ai!, si non me levás pronto
,airiños d'a mina terra:
si non me levás, airiños,
qulsáis xa non me conesan;
qu'á frebe que de min come,
vaime consumindo lenta,
e n-o meu corazonciño
tamén traidora se ceiba.
Fun n-outro tempo encarnada
como o color d'a sireixa;
son hoxe descolorida
como os cirios d'as igrexas,
cal si unha meiga chuchon
aa miña sangre bebera.
Vóume quedando muchiña
com'unha rosa qu'inverna:
vóume sin forzas quedando,
vóume quedando morena,
cal unha mouriña moura
filía de moura ralea.
Leváime, leváime, afriños,
leváime adonde me esperan
unha nai que por min chora,
un pai que sin min n'alenta,
un irmán por quen daría
a sangue d'as miñas venas,
e un amoriño a quen alma
e vida ile prometera.
Si pronto non me levades,
¡ai!, morreire de tristeza,
sola n'unha terra extraña,
donde extraña m'alomean,
donde todo canto miro
todo me dice ¡extranxeira!
¡Ai, miña probe casiña!
¡Ai, mina vaca bermella!
Años, que balás n-os montes,
pombas, qu'arrulás n-as eiras;
mozos, qu'atruxas bailando,
redobre das castañetas,
xas-co-rras-chás d'as cunchiñas,
xurre-xurre d'as pandeiras,
tambor d'o tamborileiro,
gaitiña, gaita gallega:
xa non m'alegrás, dicindo
¡muiñeira!, ¡muiñeira!
¡Ai!, quén fora paxariño
de leves alas lixeiras!
¡ai, con qué prisa voara
toliña de tan contenta,
para cantar a alboradan
os campos d'a miña terra!
Agora mesmo partira,
partira com'unha frecha,
sin medo as sombras d'a noite,
sin medo d'a noite negra;
e que chovera ou ventara,
e que ventara ou chovera,
voarla e voaría
hasta qu'alcansas'á vel-a.
Pero non son paxariño
e irei morrendo de pena.
xa en lágrimas convertida,
xa en sospiriños desfeita.
Dóces galleguiños aires
quita doiriños de penas,
encantadores d'as augas,
amantes d'as arboredas;
musica d'as verdes canas,
d'o millo d'as nosas veigas;
alegres compañeiriños,
run-run de todal-as festas,
leváime n-as vosas alas
com'unhá follina seca.
Non permitás qu'aquí morra,
airiños d'a miña terra,
qu'ainda penso que de morta
hei de sospirar por ela:
ainda penso, airiños aires,
que dimpois que morta sea
,e aló pol-o camposanto,
donde enterrada me teñan,
pasés n-a calada noite
runxindo antr'a folla seca,
ou murmuxando medrosos
antr'as brancas calaveras;
inda dimpois de mortilla,
airiños d'a miña terra,
eivos de berrar: ¡Ariños,
airiños, leváime a ela!
precioso poema de rosalia

1 comentarios:

petsy dijo...

ola soy una chica de lleida me pase e por aqui,y me encanto tu espacio lo escribes todo con un gran sentimiento felicidades niña me encanta kleer en otro idioma que noes el mio no entendere mucho pero el gallego es muy bonito muchos bessos